27 dic 2012

Torneo de Xadrez de Mariñán

O día 30 de nadal finaliza o actual periodo de visitas ao interior do Pazo de Mariñán. Temos prevista para ese día unha actividade novidosa; a celebración do I Torneo de Xadrez de Mariñán, que terá as seguintes características:

Data de celebración: 30 de nadal de 2012.

Tipo de Torneo: Sistema Suizo a 5 roldas.

Tempo de Xogo: 10 minutos a finish.

Horario do Torneo:

16,00: Para os interesados que descoñezan o Pazo, damos a opción de facer unha visita guiada ao interior. Duración aproximada de 45 minutos.

16,45: Apertura da Sala de Xogo. Previsiblemente no Salón Láncara, na Residencia do Pazo.
17,00: Inicio do Torneo.
1ª Rolda: 17,00
2ª Rolda: 17,25
3ª Rolda: 17,50
4ª Rolda: 18,15
5ª Rolda: 18,30

Entrega de premios: 18,50

Cota de participación: 3 euros.
Todos os participantes recibirán un pequeno agasallo.
Inscripcións: correo@agax.org ou teléfono 981 150 168
Por organización e seguridade no Pazo, solicitamos que se fagan canto antes.

Premios:
1º Clasificado: Trofeo + 40 euros
2º Clasificado: Trofeo + 30 euros
3º Clasificado: Trofeo + 20 euros
4º Clasificado: 10 euros

Colaboran con Palaestra nesta actividade:
Excma. Deputación da Coruña
Club Ludo - Sociedade Deportiva
Actividades Terme, S. L.

Os acompañantes dos xogadores poderán visitar o Pazo e os seus xardíns que foron declarados Monumento Histórico hai 40 anos, en outubro de 1972. As visitas ao xardín son libres e ao interior son guiadas, iniciándose ás catro, cinco e seis da tarde.

3 nov 2012

As esculturas da Capela de Mariñán (I)


Grazas a un testamento sabemos que as esculturas e o retablo da Capela do Pazo de Mariñán que as alberga foron realizadas en 1796.

En canto ao seu autor, hai xa moito que foron atribuídas a Xosé Ferreiro e o seu taller, desdiciendo a antiga atribución ao taller do seu mestre Xosé Gambino, xustificable polo descoñecemento naqueles anos do estilo final de Ferreiro.

Os rostros das imaxes de San Roque e de San Xoan Nepomuceno responden plenamente ao deseño estereotipado utilizado por Ferreiro en obras que temos documentadas nos anos 80, como o do patrón do mosteiro benedictino de San Xulián de Samos (1781-1785) ou o Xesús do Retablo de Santa Xertrudis a Magna en San Martiño Pinario (1784), que non son senón unha estilización dos plasmados xa no San Xosé ou o San Xoan Bautista de San Mamede de Carnota (1775): A fronte ampla e despexada. O arco ciliar en curvatura continua se engarza mediante unha forma trapezoidal co nariz, o cal é recto e non excesivamente groso, aínda que tampouco estreito. A zona orbicular do ollo, ampla, presenta unha distancia bastante acusada o fin da porción palpebral e o inicio da cella e, no lado contrario, ten pouco escavada a unión do lagrimal co nariz.

A colocación das pupilas acusa un lixeiro estrabismo. Os pómulos sobresaíndo lixeiramente, son destacados por unha tenue depresión sobre as tempas e ten modelada a fascia parotídea, dun modo moi característico, cun lixeiro val entre dous pequenos abultamentos. A iso poderiamos engadir que está sempre resaltado o pliegue que partindo do nariz separa ás fazulas da zona orbicular da boca. Como tamén o está o buconasal, o cal, ademais, afaise a debuxar coidadosamente. A boca é pequena, de beizos recortados, e en gran número de ocasións, como é o caso, lixeiramente entreabiertos deixando ver os dentes. Os cabelos tállanse en grandes guechos, máis ou menos caligráficos, que ocultan as orellas. Estas, cando están a medio cubrir, tenden a non separar o lóbulo e tállase dunha maneira sinxela cun simple toque de gubia cóncava para figurar a doblez exterior. A barba, nacendo da parte inferior de fazula, apenas cobre algo máis que o queixo e nunca alcanza ás patillas, as cales se representan curtas, formadas por un guecho de cabelo. Na barba, a disposición do belo, xoga con trazados máis ou menos serpentinos que se repiten segundo distintos patróns que se alternan nunha parte e outra do rostro, de maneira que nunca son iguais en ambas, e que adermais posúen unha característica bifurcación rizada e simétrica sobre o mentón.

Quizá máis interesante que estes detalles de superficie, que comparte en gran medida co seu mestre Xosé Gambino, para distinguir a forma de facer de Ferreiro debamos recorrer a ver o modo de desbastar o rostro e de conformar a súa estrutura. Ferreiro adóitaa configurar prismática. A principio dos anos sesenta desbasta, seguindo a Gambino, cun gran plano continuo que conforma o lateral do rostro desde a fronte ao queixo. Pero, a diferenza do seu mestre, o introduce un segundo plano desde a tempa á parótida. Pola contra, non talla como Gambino un plano triangular debaixo do pómulo, o que fai que, vistas de fronte, as súas primeiras figuras posúan un aspecto plano, co rostro ancho, de pómulos potentes e moi angulosos.

Ao redor de 1765 Ferreiro empeza a introducir cambios: segue mantendo en moitas ocasións o plano da tempa á parótida, pero, agora, o plano que vai desde a fronte ao queixo, faino arrincar desde o final da cella e introduce un novo plano que vai desde o extremo externo do ollo até o inicio do mentón, conformando o pómulo e dividindo en dous a fazula. O suave modelado das fazulas fai o resto para que as figuras perdan o carácter plano e anguloso que posuían nun principio. Precisamente, a maior ou menor cantidade de carne é o que conforma un rostro extático, como o de San Xulián; ascético como o de San Xoan Nepomuceno, doente e melancólico como o de San Roque ou cheo de serenidade e afecto, como o do Xesús de Pinario antes citado.

En canto ao rostro, a imaxe de San Antón remite aos rostros barbilampiños de Ferreiro, mostrándose próximo ao San Xoan Evanxelista do retablo de Santa Xertrudis a Magna de San Martíño Pinario (1784) ou ao do da imaxe de San Bernardo do mesmo mosteiro (1786), pero un pouco máis sintetizado no desbaste e simplificado no modelado, o que en principio pode facernos pensar nun operario do taller. Con todo, se a escultura fose realizada, como supomos, na segunda metade da década do oitenta, non é totalmente descartable a man do mestre, canto máis o repinte actual a desvaloriza bastante. Desde logo, os elementos de repertorio son os mesmos: nariz recto, máis ancho que nas obras da etapa maxistral do setenta e inicios do oitenta, sen ter a lixeira depresión no entrecello, o que lle dá á imaxe un perfil moito máis clásico e, abrigo, rematada nun ensanche acusado na zona das fosas nasais. Ao que hai que engadir un mentón de botón cun destacado buratiño.

Esta tendencia á síntese é a que tamén atopamos na roupaxe. Tanto o San Xoan Nepomuceno como o San Antón supoñen unha volta á estrutura que atopamos nas obras de Gambino desde mediados da década dos 50, como o San Antón de Padua de Santa María de Vaamonde (Vedra) (1754) é dicir, subliñar as dúas pernas subxacentes acusando incluso os seus xeonllos e ao tempo abrir campaniformemente a saia dotando á escultura dunha ampla base que reforce a súa estabilidade, e mantendo aínda unha estrutura en cinco zonas, que precisamente utiliza desde mediados da citada década e que con todo agora Ferreiro recupera.

Iso acompáñase na escultura de Ferreiro dun sentido moito máis plástico da forma, que a dota de gran orixinalidade, e que precisamente era o que caracterizaba ao estilo de Ferreiro, traballando aínda no taller do seu sogro e mestre. Aínda que, tamén habemos de recoñecer que agora, mesmo, este sentido plástico da forma acentuouse, á vez que se simplificaron os pliegues que deixan de imitar obviamente formas derivadas da labra do mármore, que precisamente era unha característica das etapas anteriores de Ferreiro.

Solucións parellas, aínda que sen tanta forza, volverémolas a atopar en obras da década do noventa como o San Antón de Padua de Santa María de Cullergondo ou a extraordinaria Santa Rita de San Xurxo da Coruña e tamén en obras da primeira década do século XIX como o San Pedro do priorado de Soandres (1802).

16 sept 2012

As Mareas

Moitas veces a xente de fora de Galicia, cando está no Pazo de Mariñán, pregunta polas mareas. Resulta ás veces dificil imaxinar o paso dos barcos polo Mandeo, tanto pola colmatación da ría como polo efecto das mareas.

O termo marea refírese ao movemento do nivel das augas dos mares e océanos, que soben e baixan dúas veces por día, provocado pola interferencia da Lúa e do Sol sobre o campo gravitatorio da Terra. Cando a marea está no seu cumio chámase marea alta, marea chea, abalo ou preamar; cando está no seu menor nivel chámase marea baixa, devalo ou baixamar. De media, as mareas oscilan nun período de 12 horas e 24 minutos, doce horas debido á rotación da Terra e 24 minutos debido ao movemento orbital lunar.

A altura da preamar e da baixamar (relativa ao nivel medio do mar) tamén varía. Nas lúas nova e chea, as forzas gravitacionais do Sol están na mesma dirección das da Lúa, producindo mareas máis altas, chamadas mareas de sicixia (de
conxunción ou vivas). Nas lúas minguante e crecente as forzas gravitacionais do Sol están en direccións diferentes das da Lúa, co que anulan parte delas e prodúcense mareas máis baixas chamadas mareas de cuadratura.

A amplitude teórica das mareas dos océanos debido á Lúa é duns 54 cm no punto máis alto, que corresponde á amplitude que acadaría se o océano posuíse unha profundidade uniforme, non houbese masas de terra (continentes, illas) e a Terra non estivese a rotar. O Sol tamén causa mareas, para as que a súa amplitude teórica é duns 25 cm (46% da da Lúa) nun ciclo de 12 horas. Cando os dous efectos se suman de modo positivo, a altura teórica sería duns 79 cm e, inversamente, cando o fan subtraíndose, o nivel teórico é duns 29 cm. Debido a que as órbitas da Terra sobre o Sol e da Lúa sobre a Terra son elípticas, as amplitudes das mareas varían dependendo das distancias Terra-Sol e Terra-Lúa.

As amplitudes reais difiren notablemente, non soamente debido as variacións da profundidade dos océanos e dos obstáculos que representan os continentes e as illas, senón tamén debido ao período natural de propagación da onda (dunhas 30 horas) que é da mesmo orde de magnitude que o período de rotación terrestre. Se non houbese continentes e illas, levaríalle unhas 30 horas a unha onda oceánica propagarse ao longo do ecuador.

A amplitude das mareas en alta mar é de menos de 1 metro. Porén, preto das costas a amplitude é xeralmente maior, e chega a sobrepasar os 10 metros nalgúns casos. O período de oscilación propio depende da forma da costa e da profundidade e lonxitude da plataforma continental. O período de oscilación propio da baía de Fundy en Canadá é de 13 horas. Como é moi próximo ao período de excitación, as mareas son moi grandes. Pola contra, cando o período propio se alonxa das 12,4 horas, as amplitudes das mareas son menores.

Aconsellamos aos visitantes, se poden escoller, que acudan na preamar.

Terminoloxía
Preamar: Nivel máximo dunha marea alta.
Baixamar: Nivel mínimo dunha marea baixa.
Repunte da marea: Ocorre entre mareas, cando remata de encher e comeza a baixar ou ao revés; neste curto período non ocorre ningunha alteración de nivel.
Amplitude de mareas: Variación do nivel das augas, entre unha preamar e unha baixamar inmediatamente anterior ou posterior.
Cuadratura: O sol e a lúa forman ángulo de 90º graos en relación á Terra.
Mareas mortas ou marea de cuadratura: Marea de pequena amplitude, marea que segue ao día de cuarto crecente ou minguante.
Mareas vivas ou marea de sicixia (de conxunción): Nas lúas nova e chea, as mareas lunares e solares reforzan unha a outra, producindo as maiores mareas altas e as menores mareas baixas.

9 sept 2012

San Pedro Claver

Na Capela do Pazo de Mariñán, unha das tallas do retablo, aínda non está moi claro a quen representa. Unha boa parte opina que é San Pedro Claver. Un santo non moi coñecido a nivel popular, o que é pouco cotián nos pazos. Parte da iconoloxía parece non coincidir, pero en calquera caso, hoxe 9 de setembro e o día de San Pedro Claver.

Pedro Claver naceu en Verdú o 26 de xuño de 1580 e faleceu en Cartagena de Indias o 9 de setembro de 1654. Fillo de labregos ingresou na Compañía de Xesús e decidiu evanxelizar os territorios conquistados en América. Estudou teoloxía en Bogotá e foi enviado a Cartagena de Indias onde sería ordeado sacerdote.

En América impactoulle enormemente o trato que sufrían os escravos e dedicouse a coidalos, alimentalos e curalos, ata o punto de asinar sempre coa mesma frase: Ego Petrus Claver, aethiopum semper servus (eu Pedro, escravo dos negros para sempre). Por iso é considerado o Patrono dos Escravos.

Tivo sona de santo en vida entre a poboación que lle atribuíu varios milagres. Figura discutida pola súa entrega humanitaria, non foi beatificado ata o 16 de xullo de 1850 por Pío IX e canonizado o 15 de xaneiro de 1888 por León XIII, un papa de gran sensibilidade social.

É tamén o patrono de Colombia.

10 ago 2012

Breves datos da Historia

O Pazo de Mariñán é unha das residencias señoriais máis singulares de Galicia. A súa orixe é medieval, sendo unha das posesións militares de Gómez Pérez dás Mariñas.
Ao longo da historia foi parte do coto de Bergondo e da freguesía do próximo mosteiro bieito de San Salvador e estivo englobado na antiga provincia de Betanzos, sendo parte tras a desaparición dos señoríos, do concello das Mariñas, e finalmente do de Bergondo.
A posesión foi reformada durante séculos, abandonando a súa orixe militar, de control da ría e o territorio circundante, cara a unha estrutura de produccion agropecuaria e secundariamente de recreo para os seus propietarios, fundamentalmente desde o século XVIII no que adquiriu a súa configuración.

28 jul 2012

"Retrato de Dama" de Alfredo Souto

Un óleo sobre lienzo. 61 x 50 cm.

A modelo asómase ao ovalo do lienzo neste retrato, que amosa a unha dama burguesa con empaque e de debuxo sobrio.

É obra de Alfredo Souto Cuero (A Coruña 1862 - Madrid 1940), quen foi discípulo de Román Navarro, de quen tamén hai varias obras no Pazo de Mariñán. Cursou estudos xurídicos e accedeu á maxistratura, que exerceu en Pontevedra, Sevilla e outras cidades de España. Conseguiu premios nas Exposicións Nacionais de Belas Artes de 1899, 1901, 1892 e 1895, sempre con paisaxes dos lugares onde residiu na súa condición de maxistrado.

Faleceu en 1940, cando o seu fillo Arturo, un dos grandes pintor da Galicia contemporánea, atopábase en México como exiliado tras os avatares da guerra civil.

19 jul 2012

Quen foi o Cardeal Payá

Miguel Payá y Rico (Benejama, Alacante, 20 de decembro de 1811 - Toledo, 1891) foi arcebispo de Santiago de Compostela, baixo o seu pontificado se "redescubriron" os restos do Apóstolo Santiago que foran agochados no século XVI por temor ás incursións do pirata Francis Drake nas costas galegas. Considéraselle o impulsor do Camiño de Santiago nos nosos días. Arcebispo de Toledo e Primado de España. Bautizou ao rei de España Alfonso XIII.

Hai un cadro de Román Navarro na sala galería do Pazo de Mariñán.

Ordeouse sacerdote en 1836. En 1841 é nomeado párroco do seu Benejama natal e alí costruye a igrexa da devandita vila. En 1844 actúa conxuntamente de profesor da Universidade e do Seminario de Valencia. Por esta época funda o xornal "O Eco da Relixión". En 1857 é nomeado Bispo de Cuenca.

En 1870 elevou a súa fama como teólogo coa súa intervención no Concilio Vaticano I onde defendeu a infabilidade do Papa como dogma de fe (este dogma foi aprobado polo papa Pío IX en 1870).

O 16 de xaneiro de 1874 é nomeado Arcebispo de Santiago de Compostela, tomando posesión o 25 de febreiro de 1875. O Papa Pío XI nomeoulle cardeal en 1877 e como tal interveu no Conclave de 1878 que elixiría ao Papa León XIII.

Payá y Rico foi un gran orador parlamentario e nas lexislaturas de 1871 e 1877 foi elixido senador pola provincia de Guipúzcoa, cousa non rara na época.

Durante o seu arcebispado en Santiago de Compostela foron redescubertos os restos do Apóstolo: Emprendeu obras no altar maior e o 28 de xaneiro de 1879 tras perforar unha bóveda atopan unha urna con ósos humanos, o que parecía posible que estivesen ante os restos do Apostol Santiago. Payá encargou á universidade compostelá analizar os restos e con estes datos, o Papa León XIII en 1884 pola Bula "Deus Omnipotens" anunciou a todo o mundo o descubrimento dos restos do Apóstolo o que supón o comezo das actuais peregrinacións a Santiago.

O 7 de xuño de 1886 é nomeado Arcebispo de Toledo, Primado de España e Patriarca das Indias Occidentais. Ese mesmo ano bautizou ao Rei don Alfonso XIII. Rexeu esta arquidiocese até o seu falecemento o 24 de nadal de 1891, poucos días despois de cumprir 80 anos.

10 jul 2012

Isabel, Raíña de Portugal

Estamos ante un óleo sobre táboa (86 x 60 cm.) que representa a Isabel, Raiña de Portugal. Unha obra da que non se ten case datos na Deputación. A representada non debe confundirse con outra Isabel de Portugal, a muller de Carlos I. O cadro está situado no zaguán do Pazo de Mariñán.

Esta da que falamos recibe ás veces o nome de Isabel de Aragón, pola súa procedencia. Filla do rei Pedro III de Aragón e de Constanza II de Sicilia, puxéronlle o nome de Isabel en honra á súa tía-avoa, Isabel de Hungría. Era por tanto neta de Xaime I o Conquistador e do emperador Federico de Suabia. Naceu no 1271 en Zaragoza e faleceu o 4 de xullo de 1336 en Estremoz, Portugal.  Tra-la súa morte dise que se produciron milagres. Foi beatificada en 1526 e canonizada polo Papa Urbano VIII en 1625, celebrándose a súa festividade o 4 de xullo.

Os seus atributos son a coroa e as rosas, que podemos ver no cadro, na que aparece en tres cuartos con hábito relixioso e báculo. Foi raíña de Portugal entre 1282 e 1325, logo de casar o 24 de xuño de 1282 co rei Dionis I de Portugal. Do seu matrimonio naceron dous fillos: o infante Alfonso (futuro Alfonso IV de Portugal) e a infanta Constanza, esposa de Fernando IV de Castela e nai e rexente de Alfonso XI.

Durante o seu reinado ordenou a construción dun bo número de conventos, seguindo no seu actuar o exemplo da súa devanceira Santa Isabel de Hungría. A lenda popular portuguesa adoptou o episodio da transformación do pan en rosas da princesa húngara, colocando como protagonsitas a Dionis e á súa esposa.

O reinado foi conflictivo; a loita polo trono estivo presente coas conspiracións do seu cuñado Alfonso, desexoso de facerse co posto do seu irmán, e mais tarde polos temores do herdeiro lexitimo pola posible actuación dos fillos ilexitimos do rei.

A raíña acollera aos fillos bastardos de Dionís na corte, pero logo empezaron os problemas tras o nacemento dos fillos de Dionís e Isabel. O príncipe Alfonso (1291-1357), que sería posteriormente rei comezou a alarmarse polo ascendente que na corte comezara a contraer un dos fillos ilexítimos do rei, o infante Alfonso Sánchez. Ante a sospeita de que Dionís solicitara á Santa Sé a concesión de lexitimidade para o seu irmán, en detrimento de o seu propio acceso ao trono, Alfonso o Bravo decidiu rebelarse. En diversas ocasións tivo a raíña que trasladarse até o campo de batalla para acabar coas disputas entre o seu marido e o seu fillo. Colocábase entre os dous e rezaba para que a pelexa finalizase.

En 1325 Isabel enviuvou e pouco despois realizou unha viaxe de peregrinaxe a Santiago de Compostela, ingresando á súa volta no convento de Santa Clara-a-Velha en Coimbra, que ela mesma fundara, onde tomou o hábito das clarisas, pero sen facer os votos da orde, o que lle permitía manter a administración da súa fortuna, que dedicou ás obras de caridade.

En 1336 a raíña tivo noticias de novos conflitos familiares, esta vez entre o seu fillo, Alfonso IV, e o rei de Castela, Alfonso XI, que era o seu neto. As tropas portuguesas foran de novo armadas para intervir no país veciño, e achábanse concentradas en Estremoz, lugar ao que se dirixiu a raíña para, outra vez, intervir nun conflito familiar. Foi recibida polo seu fillo no castelo da citada vila, pero, sentíndose enferma, retirouse a descansar. Unhas poucas horas máis tarde, o 4 de xullo de 1336, falecería, non sen antes facer prometer ao fillo que de ningunha maneira enfrontaríase de maneira fratricida co neto.

Os seus restos foron sepultados no seu convento de Santa Clara-a-Velha; pero ao resultar este alagado polas augas do río Mondego houberon de ser trasladados no século XVII ao novo convento de Santa Clara-a-Nova, onde repousa na actualidade.

En 2009 publicouse A rosa de Coimbra (en Portugal Memórias dá Rainha Santa) da escritora española María Pilar Queralt do Hierro, biografía novelada deste personaxe.

5 jul 2012

A Raíña Lupa

A orixe do culto a Santigo en Compostela está ligado á lenda da Raíña Lupa. Segundo a tradición, o apóstolo Santiago veu a Galicia a ensinar a palabra de Deus. No ano 42 Santiago regresou a Palestina e foi decapitado por Herodes Agripa. Os seus discípulos Atanasio e Teodoro trasladaron o seu corpo até Hispania, a Iria Flavia (preto da actual Padrón). Os discípulos acudiron a esta raíña, que en ocasións moraba nun castelo sito no cume dun monte na parroquia de San Xoán de Calo, concello de Boqueixón (A Coruña). Era un castelo-fortaleza rodeado dunha gran muralla e dun infranqueable foso. Contan que nel cabía un escuadrón de catro mil homes. Como correspondería a quen era considerada filla ou sobriña de Xullo Cesar.

Os discípulos achegáronse para pedirlle un lugar no que enterrar ao Apóstolo, ela enganounos e enviounos xunto ao legado romano que vivía en Dugium, no mítico val de Duio, entre as praias de Rostro e Langosteira e moi preto do Cabo de Fisterra. Este home meteunos en prisión, de onde saíron por intervención divina. Volveron os discípulos a solicitar a axuda da Raíña Lupa, e esta, enganándoos por segunda vez, envioulles ao monte Ilicino onde atoparían uns bois cos que levar o carro onde repousaba o corpo do defunto. O que atoparon foi uns touros bravos e unhas mortíferas serpes, que os atacaron, pero aos que dominaron realizando o sinal da cruz. Á vista dos milagres presenciados a Raíña Lupa converteuse ao cristianismo e concedeulles un lugar situado nos confíns da Amaea, hoxe A Amaía, nas proximidades de Santiago. Deste xeito naceu Santiago de Compostela, o lugar do definitivo descanso do Apóstolo. O monte Ilicino tomou o definitivo nome de Pico Sacro.

Case oito séculos máis tarde, cara ao ano 813 segundo a lenda, uns pastores observaron unha estrela que posuía unha luminosidade estraña. A luz iluminaba o monte chamado Libredón, futuro asentamento de Santiago de Compostela, (Campus Stellae) que foi limpado de maleza por orde do bispo. Baixo a maleza achouse a arca de mármore cuns restos, que o bispo Teodomiro, por revelación divina, asegurou que pertencían ao Apóstolo Santiago. O rei Alfonso II o Casto visitou o lugar e ordenou construír a primeira igrexa dedicada a Santiago. A noticia, que chega a oídos de Carlomagno de boca do propio rei, propágase rapidamente por Europa. A partir de entón Santiago convértese en símbolo da Reconquista.

26 jun 2012

Golden Arrow

Maqueta do Golden Arrow
Na entrada da Residencia do Pazo de Mariñán podemos ver unha vitrina coa maqueta do coche Golden Arrow, elaborada por T. Castro en 2006 e sendo o primeiro desta serie.

O orixinal Irving-Napier Golden Arrow era deseño de J. S. Irving e contaba cun motor Napier, un W12 tomado da mecánica aeronáutica que ofrecía 930 CV de potencia. Non só é famoso pola súa afiada estrutura e a súa cor dourada que ainda hoxe nos parece futurista a pesar de ser construido a principios do século XX, senón que o seu verdadeiro valor foi o de pasar á historia logrando un importante record de velocidade.

Golden Arrow orixinal
Hengry Segrave foi o encargado de realizar as probas. Anteriormente correra co Sunbeam 1000, un prototipo anterior de 1000 CV.

A potencia non o é todo e o Golden Arrow resultou un traballo máis fluído. Despois de diversos intentos, o día 1 de marzo de 1929 batía da marca de velocidade sobre terra en Daytona Beah: 372.1 km/h.

24 jun 2012

Escudo das Mariñas

Segundo o cronista Vasco de Aponte, Gómez Pérez das Mariñas obtivo por gañar nunha xusta o seu escudo de armas, formado por unha estrella de azur sobre un campo de prata.

Prata: pureza, fe e obediencia, simbolizando a Lúa que abarca estas calidades. As familias ás que se lles concedía o privilexio de levar este metal nos seus escudos distinguíanse pola súa integridade e a súa obediencia. Os portadores deste esmalte no seu escudo eran recoñecidos como aqueles que servían ao Rei na náutica e tiñan a obriga de amparar aos orfos e defender ás doncelas.

Estrela: condición de heroe ou conselleiro. Representa a grandeza.

17 mar 2012

Club Lectura Brigantium: Pé das Burgas IV

Club Lectura Brigantium: Pé das Burgas IV: Os caneiros A onda cruza aborándose a serena barra, corre pé de Láncara, métese nas xunqueiras inundándolle-los cañigotes, chega á Ponte n...

14 mar 2012

Club Lectura Brigantium: Pé das Burgas III

Club Lectura Brigantium: Pé das Burgas III: PAISAXE Baixou a marea; a ría sosegada, ó ver descubertas as orelas, corre tan maina, tan maina, cal se adormecese ó rumor dos bicos con q...